viernes, 24 de abril de 2015

Dia do Libro

Hoxe 23 de Abril celebramos con moita ilusión o Día do Libro. A proposta do equipo da Biblioteca , levamos a cabo a actividade de "bookcrossing"( librincios.blogspot.com)
 Despois de merendar , e acompañados dun sol espléndido saimos pola parroquia os nenos de E. Infantil a repartir libros
Un pequerrecho da clase da profe Ana Rosa propuxo que poderiamos deixar un no ceminterio , xa que alí ía o "avó a ver a súa avoa"....
Seguindo camiño fixemos parada na igrexa , e unha vez máis depositamos un na porta de este "fermoso castelo".Os nenos da clase de 5 anos atoparon no adro ,unha árbore onde pousar o seu agasallo
Continuamos a nosa andaina e comenzamos a escoitar unha melodía que se nos facía coñecida  , seguimos a pista e chegamos ata Dani , que estaba ensaiando , na Escola de Música  ,co seu fiel bombardino.
Chamamos a porta , e saíu a recibir o libro que ali deixamos. A idea gustoulle tanto que todos xuntos , sentados onde un día fora o patio do CRA , asistimos a un concerto improvisado e fantástico ... Cando as cousas se fan dende o corazón só poden saír ben ....
En medio dos preparativos deste concerto chegou o carteiro . Pero .... estaban moi atentos os nen@s e decidiron entregarlle un libro para que depositara na oficina postal ... e mentres nós seguimos de actuación :)
Cando xa nos despedíamos, e mentres aproveitabamos para convidalo a voltar ao cole cos seus amigos ( non damos puntada sen fío)  , Gabriel  Gratos decatáuse de que ali cerca , atopábase o sitio onde mercaba o xarope da tos ....
Xa imaxinades a derradeira parada .... a farmacia!!!
Chamamos a porta , falamos coa rapaza , explicándolle o noso cometido. 
Tanto gustou a nosa proposta que , enriba de deixar un libro , agasallóunos cun feixe de piruletas...
E con estas , felices como perdices , recollendo frores , saudando os coñecidos que íamos atopando polo camiño voltamos ao cole  co deber cumplido
O cole mola moito , verdade??
;)

No hay comentarios:

Publicar un comentario