jueves, 18 de diciembre de 2014

boemptynadal

Festival de Nadal

Mañá é o Gran Día !!!1
Celebraremos a festa máis entrañable do ano , recordade traer algo vermello na parte de arriba e azul  na parte de abaixo ....
Por certo , díxome un paxariño ,  que ao rematar o festival , unhas "revoltosas" bolboretas chegan ao escenario ......
Bicos Doces


jueves, 11 de diciembre de 2014

miércoles, 10 de diciembre de 2014

mochila viaxeira

Unha vez máis , a mochila voltou para a escola. Nesta ocasión a trouxo Lucca , cargadiña de versos que falaban da horta dos avós. 
O que máis lle gustóu a  foi a peli de Pinocho. Agora toca viaxar á casa de Zaira. 
 Boa viaxe !!!




jueves, 4 de diciembre de 2014

SEPRONA

O martes , tivemos unha visita moi especial . Dous membros do Seprona , Álvaro e Jose , estiveron no colexio ensinándonos en que consistía o seu traballo . Ni que decir ten que o pasamos xenial. Subimos ao coche , accionamos a serea , tocamos botóns e ata intentamos arrancar o coche ...
Martiño adiviñou ao ver o "escudo" que tiñan no brazo , de que equipo eran .... do Rayo Vallecano !!!
Despois , na Biblioteca , desfrutamos dun vídeo  no que aparecía explicado máis polo miúdo como  era o seu traballo no monte , cos animais .... Aclaráronnos que os "dinosaurios" non eran precisamente a súa especialidade
Con todo , chegóu a hora da merenda , e Álvaro decidíu vir a clase con nós. Fíxonos uns debuxos moi divertidos na pizarra ,  contóunos algunhas historias e , como estábamos tan contentos e animados , decidimos darlle un pequeno concerto co mellor do noso repertorio .
 Queredes ver  , pois ....  a que estamos agardando ?

miércoles, 3 de diciembre de 2014

A Porta

Volveu pasar .....
Si polo Samaín  foi a Bruxa Maruxa a que intentóu entrar na nosa clase , este fin de semana , volveu a pasar . Mirade  o que atopamos
o luns ao chegar a aula , e xuzgade vós mesmos....











viernes, 28 de noviembre de 2014

Mochila Viaxeira

A nosa mochila voltóu á aula. Tróuxoa Mateo ,  gustáronnos moito os versos e os debuxos. Noraboa familia !!!!
Agora xa está na casa de Lucca , que fará esta familia ???
Ata entón aquí queda unha imaxe de Mateo , moi contento do traballo feito


cumples Novembro

Moitos parabéns a Antía e Lucca  !!!!



jueves, 27 de noviembre de 2014

Temos un Espía

Estes días andamos todos un pouquiño "nerviosos" , o caso é , que se achegan unhas datas moi especiais , e as miñas " formigiñas " algo cheiran no ambiente ....
 Volvendo de clase de música ....... que apareceu axexando na ventá da nosa clase  ......

Coido que se tarta dun elfo de Papá Noel , encargado de botar un ollo aos nen@s da clase e manter puntualmente informado , vía " guasap " ao xefe ......
Por si as moscas , e os mosquitos , andaremos un pouco máis atentos
Bicos

Unha merenda especial



 Hoxe Diego trouxo ao cole unhas riquísimas "tortitas" feitas pola súa nai Soraya

 Moitas grazas , estaban boíiiiiiiiisimas e foi toda unha gozada !!!!

concurso musical


E nós co cantarines que somos imos participar .......
As bases son as seguintes :


 Inventa un retrouso lindo e sonoro co teu nome. 
- A túa cantiguiña só pode durar 20 segundos.
- Podes participar só ou en grupo.
- Se queres participar terás que anotarte no libriño que hai na porta da clase de música.
- Unha vez anotado espera a chamada máis musical da profe Elena para triunfar no mundo do espectáculo e grabar a túa canción.
- Un xurado selecto valorará todas as vosas composición para determinar quen será o gañador gañadora.

SEGUIREMOS INFORMANDO ......


martes, 25 de noviembre de 2014

Contomar

O pasado luns houbo sesión do Contomar , na Biblioteca de Gondomar organizada por Espazo Lectura. Nesta ocasión os protagonistas foron moi especiais para a nosa clase , e o conto que levaron,  un dos nosos favoritos ....
Queredes saber de quen estou falando?
Mirade , mirade ....


lunes, 24 de noviembre de 2014

MAGOSTO 2014



O pasado venres celebramos no cole o Magosto . Este ano , e debido as chuvias dos últimos días , non quedóu outra que improvisar e ter que organizar na escola esta celebración
O patio do cole convertíuse nun circuito de diversos xogos arredor da castaña , e os nenos , distribuídos en grupos , ían pasando por eles.
O resultado foi fantástico e , para mostra .....