viernes, 28 de noviembre de 2014

Mochila Viaxeira

A nosa mochila voltóu á aula. Tróuxoa Mateo ,  gustáronnos moito os versos e os debuxos. Noraboa familia !!!!
Agora xa está na casa de Lucca , que fará esta familia ???
Ata entón aquí queda unha imaxe de Mateo , moi contento do traballo feito


cumples Novembro

Moitos parabéns a Antía e Lucca  !!!!



jueves, 27 de noviembre de 2014

Temos un Espía

Estes días andamos todos un pouquiño "nerviosos" , o caso é , que se achegan unhas datas moi especiais , e as miñas " formigiñas " algo cheiran no ambiente ....
 Volvendo de clase de música ....... que apareceu axexando na ventá da nosa clase  ......

Coido que se tarta dun elfo de Papá Noel , encargado de botar un ollo aos nen@s da clase e manter puntualmente informado , vía " guasap " ao xefe ......
Por si as moscas , e os mosquitos , andaremos un pouco máis atentos
Bicos

Unha merenda especial



 Hoxe Diego trouxo ao cole unhas riquísimas "tortitas" feitas pola súa nai Soraya

 Moitas grazas , estaban boíiiiiiiiisimas e foi toda unha gozada !!!!

concurso musical


E nós co cantarines que somos imos participar .......
As bases son as seguintes :


 Inventa un retrouso lindo e sonoro co teu nome. 
- A túa cantiguiña só pode durar 20 segundos.
- Podes participar só ou en grupo.
- Se queres participar terás que anotarte no libriño que hai na porta da clase de música.
- Unha vez anotado espera a chamada máis musical da profe Elena para triunfar no mundo do espectáculo e grabar a túa canción.
- Un xurado selecto valorará todas as vosas composición para determinar quen será o gañador gañadora.

SEGUIREMOS INFORMANDO ......


martes, 25 de noviembre de 2014

Contomar

O pasado luns houbo sesión do Contomar , na Biblioteca de Gondomar organizada por Espazo Lectura. Nesta ocasión os protagonistas foron moi especiais para a nosa clase , e o conto que levaron,  un dos nosos favoritos ....
Queredes saber de quen estou falando?
Mirade , mirade ....


lunes, 24 de noviembre de 2014

MAGOSTO 2014



O pasado venres celebramos no cole o Magosto . Este ano , e debido as chuvias dos últimos días , non quedóu outra que improvisar e ter que organizar na escola esta celebración
O patio do cole convertíuse nun circuito de diversos xogos arredor da castaña , e os nenos , distribuídos en grupos , ían pasando por eles.
O resultado foi fantástico e , para mostra .....





Xa estamos todos

Despois dunhas longas vacacións en Córdoba , xa estamos todos no cole. Hoxe voltóu Adhara con nós , e notóuse a súa presencia e a súa alegría na nosa clase
Agora que estamos todos , comenzaremos nuns pocos días  a traballar unha das mellores datas do ano , o Nadal
Bicos


martes, 18 de noviembre de 2014

Cociñando Vexetais

Para rematar o taller realizado fai uns días cos vexetais , acordamos levar a cabo unha "xornada gastronómica" nas aulas de E. Infantil. Aproveitamos as patacas , cenorias , calabacíns ,etc ...e engadimos o millo para facer suculentas " fajitas"
Como pasa nas mellores casas , foi a gusto do consumidor , e cada un encheu a súa fajita do que máis lle apetecía .....
Bo proveito !!!

Mochila viaxeira

A mochila voltou unha vez máis a nosa aula . Chegou cargada de versos fermosos e bonitas ilustracións . Moitas grazas a Amanda e a sua familia por este traballo tan ben feito
Agora toca viaxar ata casa de Mateo .... Feliz estancia !!!




jueves, 13 de noviembre de 2014

A horta

Por sorte , onte tivemos un ratiño de sol , unha pequena tregua , e puidemos ir ata a horta a coller terra e botar a sementes para as nosas leitugas.
Agora agardan na "camiña de terra " que temos no sementeiro da aula , a que "o sol as quente un pouquiño"........
Xa estamos deseosos de que rompan o traxe e se asomen  ..... :)


viernes, 7 de noviembre de 2014

MOCHILA VIAXEIRA

Xa voltóu ao cole a mochila viaxeira e chegou da man de Lois. A súa cara amosaba unha ilusión enorme polo traballo fen feito ....
Nesta ocasión os "versos vexetais "  viñan  cargados de TOMATES !!!!! Que ricos, hummmmmm 
Moitas grazas familia. Agora toca viaxar ata a casa de Amanda.
Bo viaxe .... 



Programación Espazo Lectura mes de Novembro

jueves, 6 de noviembre de 2014

Eu te axudo , ti me axudas

Algo se está " cociñando" entres os padriños e os afillados .....
Qué será ?
Sexa o que sexa , o certo é que fan un gran equipo e veremos os resultados en pouco tempo ......



miércoles, 5 de noviembre de 2014

SAMAÍN 2014

Pasámolo xenial na festa de Samaín. 
Primeiro, visitamos o escenario da sala de usos múltiples transformado na habitación da nena de “Monstruos S.A.”, onde colocamos todas as cabazas e intentamos localizar obxectos escondidos entre elas. Todo isto, coas luces acendidas. 
Despois, acudimos outra vez, pero coas luces apagadas para observar as cabazas no seu estado máis TERRORÍFICO....
Grazas tamén ás familias pola súa colaboración.
 
Ademáis , o venres día 31 o cole saíu nunha reportaxe na Voz de Galicia
http://www.lavozdegalicia.es/album/vigo/2014/10/30/calabazas-apagones/01101414686009312235280.htm 



Aquí vos deixo un pequeno resumo . O final do día tivemos unha visita moi especial na clase ...... Mirade a última foto...
Bicos