jueves, 9 de junio de 2016

Saída a Muiñada de Barosa

O espazo Natural Ría de Barosa está situado no Concello de Barro, na provincia de Pontevedra. Unha das riquezas deste espazo natural o constitúe o seu patrimonio medioambiental de flora e fauna que habita no seu interior. Ofrece unha ampla biodiversidade medioambiental cun bosque típico da beira dun río, con ameneiros, freixos, salgueiros, loureiros, carballos, etc. Tamén ten una gran diversidade de herbas como ortigas, mofo, algas, fentos, etc.
Ademais o espazo natural acolle a unha multitude de especies animais como réptiles, anfibios, aves e mamíferos.
Este espacial complexo etnográfico-medioambiental se atopa nunha excepcional topografía, expresión natural en forma de remansos e fervenzas, chegando á máxima expresión coa fervenza de Barosa, duns trinta metros de desnivel.
A visita no espazo natural Ría de Barosa està composta polas seguintes actividades:
 Actividade etnográfica: explicación de cómo funcionaban os muíños antigamente mediante a posta en funcionamento dun deles. Posteriormente os nenos amasaron pan, cocéuse no forno e cada un deles levóu para a súa casa un molete feito por eles.
 Recepción dos nenos: A monitora ( Nuria ) explicóu aos nenos as actividades que van a realizar no Espazo Natural da Ría de Barosa.
 Percorrido polo espazo Natural Ría de Barosa: como primeira actividade, os nenos pasearon polo parque para que poidan coñecer o entorno sobre o que se van a desenvolver durante a visita.
Na última hora faremos un taller cos nenos onde un compañeiro panadeiro lles ensinará os nenos como se fai a masa para cocer e lle proporcionaremos un pedazo de masa a cada neno para facer un taller con eles e que aprendan a traballar a masa.