domingo, 31 de mayo de 2015

A HORTA

O venres tocou regar a nosa hortiña que , pouco a pouco vainos dando boas noticias e mellores resultados  :)

miércoles, 27 de mayo de 2015

PREMIOS CERTAME LITERARIO






Como remate do Festival das Letras Galegas do cole, déronse os premios do XX Certame Literario A Xoaniña.
Houbo moita expectación no momento da entrega... nervios, ilusión... 
Aquí tedes aos premiados, que quedaron contentísimos cos seus agasallos :)

lunes, 25 de mayo de 2015

PREMIOS VOZ NATURA

O noso Centro participou este ano , por vez primeira, no programa de  Educación Medio Ambiental Voz Natura co proxecto " Pouquiño a pouco creamos o noso horto". Foron un total de 319 centros de toda Galicia e , grazas ao traballo de toda a comunidade educativa,  concedéronnos o primer premio ao mellor traballo da provincia . 
Este premio está dotado de 1500euros
Estamos máis que contentos  e agradecidos a tod@s os que,dalgún xeito nos axudaron a levar este traballo adiante . Eses cartos serán invertidos no proxecto do próximo curso , que levará por título "Enchendo de vida o cole"
A noticia quedóu recollida na prensa de ontes
Moitos parabéns
www.voznatura.com




lunes, 18 de mayo de 2015

viernes, 15 de mayo de 2015

Actuación letras galegas

Actuación dos nen@s da clase  no Festival das Letras Galegas . Non podo estar máis orgullosa dos meus nen@s. Son uns artistas fantásticos e uns nenos maravillosos.
Desfrutádeo unha vez máis



martes, 12 de mayo de 2015

Mochila viaxeira

A nosa mochila viaxeira  rematóu a súa andaina neste curso. A última casa que visitóu foi a da familia de Alba.  Os seus versos vexetais xiraban arredor deses bichiños tan especiais que andan polas hortas
Gustóunos moito. Mil grazas a todas as familias por participar desta aventura , que tanta ilusión fai os nosos nen@s.
 Agora voltará ás casas,un par de días, para que tod@s vexades o fermoso que quedaron os nosos " VERSOS VEXETAIS "