viernes, 24 de abril de 2015

Dia do Libro

Hoxe 23 de Abril celebramos con moita ilusión o Día do Libro. A proposta do equipo da Biblioteca , levamos a cabo a actividade de "bookcrossing"( librincios.blogspot.com)
 Despois de merendar , e acompañados dun sol espléndido saimos pola parroquia os nenos de E. Infantil a repartir libros
Un pequerrecho da clase da profe Ana Rosa propuxo que poderiamos deixar un no ceminterio , xa que alí ía o "avó a ver a súa avoa"....
Seguindo camiño fixemos parada na igrexa , e unha vez máis depositamos un na porta de este "fermoso castelo".Os nenos da clase de 5 anos atoparon no adro ,unha árbore onde pousar o seu agasallo
Continuamos a nosa andaina e comenzamos a escoitar unha melodía que se nos facía coñecida  , seguimos a pista e chegamos ata Dani , que estaba ensaiando , na Escola de Música  ,co seu fiel bombardino.
Chamamos a porta , e saíu a recibir o libro que ali deixamos. A idea gustoulle tanto que todos xuntos , sentados onde un día fora o patio do CRA , asistimos a un concerto improvisado e fantástico ... Cando as cousas se fan dende o corazón só poden saír ben ....
En medio dos preparativos deste concerto chegou o carteiro . Pero .... estaban moi atentos os nen@s e decidiron entregarlle un libro para que depositara na oficina postal ... e mentres nós seguimos de actuación :)
Cando xa nos despedíamos, e mentres aproveitabamos para convidalo a voltar ao cole cos seus amigos ( non damos puntada sen fío)  , Gabriel  Gratos decatáuse de que ali cerca , atopábase o sitio onde mercaba o xarope da tos ....
Xa imaxinades a derradeira parada .... a farmacia!!!
Chamamos a porta , falamos coa rapaza , explicándolle o noso cometido. 
Tanto gustou a nosa proposta que , enriba de deixar un libro , agasallóunos cun feixe de piruletas...
E con estas , felices como perdices , recollendo frores , saudando os coñecidos que íamos atopando polo camiño voltamos ao cole  co deber cumplido
O cole mola moito , verdade??
;)

domingo, 19 de abril de 2015

Mochila viaxeira

Xa falta pouco para que rematen as viaxes da nosa mochila viaxeira por este curso. Desta volta foi ata a casa de Lía e amosounos o ben que se traballa na casa dos avós 



miércoles, 15 de abril de 2015

A POESÍA INUNDA O COLE

Nos pasados días estivemos celebrando a Semana da Poesía no cole. Despois do recreo, alumnos e máis profes animábanse a recitar poesía para os nenos que quixeran escoitalos. Nós non íamos a ser menos , así que , o venres fixemos a nosa pequena aportación a este actividade tan molona.
Como broche final , houbo unha choiva de globos cargados de estrofas poéticas feitas polos nenos e profes. Cada un tiña que "cazar" un globo e levar como agasallo o poema que contiña
Pinchade no enlace !!!
Bicos


Biblioteca escolar LIBRINCIOS: A POESÍA INUNDA O COLE

CHOIVA DE POESÍA

Biblioteca escolar LIBRINCIOS: CHOIVA DE POESÍA

miércoles, 8 de abril de 2015

Mochila viaxeira

Xa voltamos dun merecido descanso e estamos listos para afrontar a recta final de curso. Tamén voltou ao cole a mochila viaxeira da man de Martiño
Chegou  cargadiña de bo ritmo ,  na  súa casa son todos moi  "rapeiros" ... Non nos puido gustar máis!!!
Moitas grazas familia