miércoles, 18 de marzo de 2015

Día da poesía

Hoxe , apareceron pola nosa clase uns persoaxes do máis curioso ....
Viñan vestidos coma de xeito raro , parecían cabaleiros , pregoeiros , anunciadores ... non sabemos moi ben


O certo é que con eles viña unha carta. Anunciaba  un tesouro agochado , no sitio onde preparamos as recetas máis saborosas
E de todos é ben sabido que, o que nós non temos entre as nosas virtudes é a paciencia .... e alá fumos buscar !!!





Nunha das mesas da cociña , debaixo dela para ser moi exactos, atopamos unha "maleta viaxeira"





         Traía unha carta de Librincios



 Pechamos os ollos ,contamos ata 18 e cando os abrimos ....



 Descubrimos un mundo cheo de contos e historias. Fermosas cancións , dulces versos e divertidas rimas que irán rotando polas aulas de E.I ; para rematar o próximo día 23 na gran festa da Poesía!!!

 E  nestas andamos ...
Bicos Doces :)

No hay comentarios:

Publicar un comentario